Andan na boca da xente VII – Primaria


Ola de novo!!

Se premedes na imaxe que acompaña este texto podedes ler unha poesía que fai referencia á parromeira.

Se buscades que é iso da parromeira – parrumeira – parrugueira (ten varios nomes, segundo a zona de Galicia á que vaiades), podedes atopar cousas como:

1 s f Parede que vai desde o chan da lareira ata a parte baixa da cheminea onde se acumula a parruma.

2 s f Cheminea do forno.

3 s f Cavidade dunha das paredes da lareira que se emprega para botar nela a borralla.

1 s f Capa negra que o fume e a graxa forman nas chemineas.

E si, máis ca complicada a frase era pouco coñecida por nós, porque claro, agora son poucas as casas que teñen lareira, máis ben empregamos vitrocerámicas ou cociñas de indución; pero houbo un tempo non tan lonxano no que todo o mundo mundial cociñaba sobre lume de leña, tamén en Galicia. E de aí nos quedou esa expresión tan feituca que deberiamos gardar para nós e para as vindeiras xeracións. Por iso está tan requetebén que o voso compañeiro M.P.J. nola dese a coñecer a todos e que agora a sigamos empregando.

Claro, o normal é que se un vén dun sitio cheo de borralla veña máis ben mouro, ou? Así que vir da parromeira debe ser… o que xa M.P.J. vos di que significa nos comentarios. Léstelos? Pois ala!! 🙂

Este é papá petrucio, digo papá pitufo, que é o petrucio da aldea.

Por certo, parabéns ó compañeiro que procurou información sobre do petrucio, o máis vello da casa ó que todo o mundo gardaba respecto, a autoridade no lar.

Pero como di o himno que debemos ser bos e xenerosos 😉 , aceptamos as vosas críticas e volvemos ás adiviñas coma o ano pasado. Así que,

Cal é o ele máis grande de todos os eles?

A cavilar!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Andan na boca da xente, Andan: Primaria coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

28 Responses to Andan na boca da xente VII – Primaria

  1. D.M.S. 5ºB Nº13 di:

    Eu penso que é o ELEFANTE

  2. FVA 5º C Nº 16 di:

    O ele malluscula.
    esta pregunta é bastante facil pero non cambiedes de nivel

  3. VLR-5ºB-8 di:

    Moitas grazas por volver ás adiviñas . A resposta é o ele maiúsculo …

  4. m.p.j. n 5 6º c di:

    Eu creo que é o elefante. Porque :
    ele-fante
    Grazas

  5. NSP 6ºC Nº15 di:

    O ele de elefante.

  6. RIODERRADEIRO di:

    Un traballo meritorio que debe ser continuado co maior empeño, como merece o noso país, o noso idioma, a nosa xente. “Galicia somos nós…”

    Saúde e saúdos cordiais.

  7. H I G 6B N9 di:

    Eu penso que non hai ele máis grande ca lúa

  8. A.O.S 5ªb 23 di:

    euuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu digo ke e eeeeeeeeeeeeeee A Xirafa

  9. VLR-5ºB-8 di:

    sinceramente , equivoqueime , a resposta é o elefante despois de moito pensar e darlle á cabeza , é o elefante

  10. I.R.H 5ºC-11 di:

    L maiúscula,pode ser.

  11. LFP Nº19 5ºA di:

    A ele maiúscula

  12. IVO 5ºC di:

    O ele máis grande de todas é o ele maiúsculo.

  13. A.R.M. NUMERO 8 5C di:

    a elefanta

  14. J.G.F Nº2 5ºB di:

    Me encanta todo esto

  15. J.G.F Nº2 5ºB di:

    O elefante

  16. RLD Nº10 5ºB di:

    Por adiviña a resposta é “ELEFANTE” pero se pensamos ele= el(pronome) a resposta sería “DEUS”

  17. pablo di:

    Foi moi facil e prefiro mais dificiles.

  18. VLR-5ºB-8 di:

    “ pablo ´´ creo que non se podia poñer o nome , só as iniciais o numero e o curso …

  19. J.G.F Nº 3,5ºB di:

    O ELEFANTE.

  20. J.G.F Nº 3,5ºB di:

    QUE GUAI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s