Proposta de rodaxe por intervalos


O que , ho?

Pois iso, rodaxe por intervalos; en inglés chámanlle Time-lapse

Sabéde-lo que é? Aínda que os expertos andan algo durmidos e aínda non se decidiron, andan aí aí, mirando se en galego é mellor dicirmos timelapse (sen trazo) ou se xa -onde vai a ola que vaia a tapadeira-, traducilo e dicir rodaxe por intervalos ou rodaxe a intervalos.

Abreviando: son esas pelis que aceleran unha situación que dura moito tempo, reducíndoa a uns segundos ou minutos. Este é un exemplo no que podedes ver pasar un ano en 15 segundos:

Pois témosvos unha proposta aínda sen pechar de todo, que imos adiantando para que poidades comezar a traballar:

  1. Collede a cámara de fotos, o móbil ou calquera outra ferramenta que vos dea xeito e facede unha rodaxe por intervalos sobre o tema que queirades. Segundo sobre que fagades a peli, teredes que facer unha foto cada día ou unha foto cada cinco minutos, así que decidide o tema canto antes.
  2. Cando xa teñades moitas fotos, creade unha película con elas. Mesmo co Moviemaker poderiades xa facelo.
  3. Colgádeo en Vimeo. Desde aí habémolos ir enlazando para o blog. Creade un ficheiro de texto, indicando os vosos datos (nome, nº de clase e curso no que estades) e a ligazón á vosa obra, explicando como o realizastes e calquera detalle curioso do proceso. O público quere saber! Entregade este escrito, xunto cunha copia do vídeo, todo nun CD, a algún dos profesores do EDLG.
  4. Na Semana das Letras o EDLG do colexio ha facer público que timelapse lle encheu máis o ollo, e o/a seu/súa autor/a recibirá un recoñecemento/premio/palmada nas costas. Isto último está sen determiñar porque, hoxe por hoxe, non temos un can… a ver para daquela!
  5. O EDLG resérvase a posibilidade de delegar as decisións sobre os premios nun xurado mixto de profesorado e profesionais da imaxe.
  6. Por suposto, as voces, títulos, créditos, etc en galego 😉

Comezade xa a tirar fotos!! Podedes facer un traballo sobre o agromar dunha planta, os movementos dun moneco de masa modelable, ou algo semellante ó vídeo de arriba coa Catedral ou cunha paisaxe galega. Ánimo!!

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades do centro, informática, lecer. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s