Comeza a segunda edición de Andan Na Boca Da Xente


Andan Na Boca Da Xente para Primaria.

BocaOla, ola, ola!!! Benvidos a esta segunda edición da actividade virtual máis molona de todo o universo (e parte do estranxeiro). Os que xa participastes o ano pasado xa sabedes como vai isto. Para os que sodes novos nesta feira, velaquí tendes as instrucións de funcionamento:

Cada semana imos ir colgando neste blog unha adiviña, unha expresión, refrán, palabra curiosa ou o que for, que vós, que sabemos que sodes ben espilidos, axiña ides saber o que agacha.

Cando deades coa resposta podedes premer abaixo, onde pon deixar un comentario ou deixar unha resposta, e darnos a voso parecer. Non esquezades que no nome non debedes poñer o voso nome e apelidos senón tan só as iniciais, o número de clase e o curso; debaixo cómpre poñer un enderezo de correo electrónico, o voso ou o de alguén máis vello ca vós (co seu permiso, claro está).

Imos comezar con algo doado:

Unha profesora                  Onda a profe iría
que sempre te alumaba           se soubese onde anda,
fundiuse o outro día            inda que xa lle sei o nome
e a adiviña non nos daba.       non vén e xa me tarda.

Sabedes quen son? Unha pista, por ser a primeira vez: son os nomes das dúas profesoras que van facer o seguimento das vosas investigacións lingúísticas durante o curso.

Veña, ánimo, a preguntar, a pensar, a buscar e a pedir axuda na casa! Decatádevos de que convivides con auténticos catedráticos da lingua: avós, pais, veciños… Seguro que atopades xente arredor que lle ten lei á nosa cultura e que leva agochados auténticos tesouros na súa cabeza, que precisamos que comparta. Así todos/as aprendemos de todos/as!

Unha cousa importante para cando pidades axuda: igual algún de vós pensa que ó voso arredor ninguén sabe falar galego. Moitos adultos galegos -e non o fan por mal- tenden a tratarvos ós nenos e nenas como se fosedes estranxeiros que estades de paso, como se non pertencesedes á nosa cultura; falan coa familia ou cos amigos en galego pero, cando se dirixen a vós, fálanvos en castelán, dando por suposto que non entendedes, que non falades nin queredes falar a nosa lingua. Se inda por riba os vosos rasgos faciais ou cor da pel non coinciden cos da maioría de nós, as probabilidades de que isto vos ocorra son practicamente do 100%. Nestes casos, probade a dicirlles: Eh! Que eu tamén son da casa, tamén pertenzo a esta familia, tamén son galego! Por que a min non me falas como á xente? (E logo contade aquí que pasou a continuación, se foi boa ou mala a experiencia, o que vos contestaron)

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Andan na boca da xente, Andan: Primaria. Ligazón permanente.

7 Responses to Comeza a segunda edición de Andan Na Boca Da Xente

  1. m.p.j. 6ºc di:

    Moitas grazas por abordar o concurso outra vez .
    Eu creo que a resposta é : Lucía máis Iria

    Deicalogo

  2. H I G CURSO 6B N 9 di:

    Serán Lucía e máis Iria?

  3. NSP nº15 6ºC di:

    Iria e Lucía.

  4. M.S.C 6C 13 di:

    Eu creo que son Lucía e Iria.
    Que ben que empezaramos de novo co blog

  5. A.R.R Nº7 6ºC di:

    Resposta:Eu creo que é Lucía.
    Pareceme moi ben que sigades coas adiviñas porque é un momento de ocio,¡¡¡é moi divertido!!!

  6. RVC 6ºC Nº:23 di:

    Creo que é Lucía

  7. A F V Nº20 5ºA di:

    eu creo que é a luz

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s