(Desaparición do) galego nos medios de comunicación


Ultimamente non deixan de pechar medios de comunicación, en papel ou da internet, que tiñan como lingua o galego: Galicia Hoxe, Vieiros.com, A Nosa Terra, … Por outra banda, os medios que funcionan case totalmente en castelán reciben grandes cantidades de cartos saídos dos impostos dos galegos e que se lles entregan en parte (e teoricamente), para potenciar o uso da nosa lingua. Pois adoita suceder que, -xa non é só que queden cos cartos e non empreguen o galego máis ca de xeito residual ou só na sección de cultura-, senón que teñen por costume traducir ó castelán aqueles comentarios de persoas que falaron en galego; e escríbenos entrecomillados, facendo ver que é unha frase literal da persoa entrevistada e que esa persoa falou en castelán. Por iso vos animamos a asinar o seguinte artigo que pide que non se siga ocultando a existencia do galego nos nosos medios de comunicación.

Lédeo e, se vos parece como a nós que merece ser asinado, animádevos. Veredes que di cousas coas que calquera persoa de ben, independentemente da lingua que fale, pode estar de acordo.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Para os pais e as nais. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s