Estreas infantil/xuvenil en galego para a Tempada 2011-2012


‘O contedor infantil e xuvenil galego da Televisión de Galicia, o Xabarín Club, ven de estrear a súa nova tempada televisiva. Nela “destaca a incorporación de series de animación galegas, as producións máis novidosas do xénero manga e as lendas clásicas de animación”, segundo a nota de prensa emitida pola canle pública.

Os máis pequechos da casa poderán gozar das aventuras de Doraemon, Pingu, Teletubbies e d’Os Picapedra, series coñecidas e lembradas con cariño polos espectadores máis vellos do club. Tamén contarán con novas estreas de orixe propia galega, tales coma Os Contos do Camiño, Caracois e A tropa de trapo; esta última ven de estrear unha longametraxe nos cines en galego.

Hai sitio para series para gozar entre toda a familia e que por primeira vez debutarán en galego: Marco, Heidi, A abella Maia, Vickie o viquingo e Érase unha vez; recoñecidas e de grande éxito na infancia dos nosos pais.

Por último a animación xuvenil tamén continua a ser unha aposta fixa, destacando entre elas o Dragon Ball Kai, que serán as novas aventuras da serie de animación Dragon Ball. Continúan as estreas coas series xaponesas RantaróBlackjack, One Piece e O detective Conan.

E xa sabedes, tendes unha cita diaria tódalas mañás, á hora de xantar e máis polas tardes, de luns a venres e nas mañás das fins de semana na segunda canle da TVG coa mellor animación en galego.’

Manuel Arca, 4º ESO

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Colaboracións do alumnado, lecer, Para os pais e as nais. Ligazón permanente.

One Response to Estreas infantil/xuvenil en galego para a Tempada 2011-2012

  1. M.S.C 6C 13 di:

    Si,as mellores series para á infancia,e aínda mellores se as vemos no noso idioma

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s