Un chinés en Irlanda


A ver se vos soa o que neste vídeo se conta: un chinés decide viaxar a Irlanda. Infórmase sobre o país, estuda irlandés e colle un avión para facer realidade o seu soño. Cando chega a aló…

O vídeo está subtitulado en inglés e máis en galego reintegracionista (o defendido por aquela xente -algún día podemos abrir un debate sobre isto- que considera o galego como unha variante local do portugués e que, polo tanto, cre que debe ser escrito coas súas mesmas normas ortográficas e tender a el como norma culta).

Podes facer un comentario, (mesmo se este consiste en dicir que non entendes o vídeo. Daquela, habiámoscho explicar!); que che pareceu o vídeo? Que che suxire? Pensas que nos describe a nós? En que aspectos?

Advertisements
Esta entrada foi publicada en lingua. Ligazón permanente.

2 Responses to Un chinés en Irlanda

  1. M.A.C. di:

    Ben. O vídeo enténdese perfectamente, malia estar subtitulado no galego reintegracionista, agás certos detalles que non son relevantes.

    O primeiro que me suxire é que o chinés foi enganado, Non sei até que punto se asemellan o inglés e o gaélico, pero o feito de que ningún dos irlandeses que aparecían na curta (os pousadeiros do hostal, os donos do bar…) soubese falar gaélico transmite un sentimento de vergoña cara o que é seu, a lingua, dun xeito semellante ó que lle sucede ó galego hoxe en día.

    O caso é, que facendo certas comparacións, por sorte ou por desgraza o galego ten moitas semellanzas tanto co portugués coma co castelán, é por iso que se un estraxeiro que estudase galego emigrase para Galicia, non tería moitas complicacións. Pero non deixa de ser inxusto que a lingua máis falada de Galicia sexa, en troques, a menor presente no día a día: educación, ámbito científico, entretemento…

    Mais nada, dicir que é un bo vídeo que paga a pena ver. E feliz vinte e cinco de xullo!

  2. Pingback: Un estudiante xaponés a un galego: “Perdoe, pode falarme en galego?” | Aí falaches!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s