1991-2011: vinte anos dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.


This slideshow requires JavaScript.

Os ENDL, -denominados polo actual goberno EDLG-, levamos 20 anos traballando pola normalización lingüística, que non significa outra cousa que que os galegos poidamos vivir en Galicia, en galego, sen pexas.

Por iso o pasado sábado, 4 de xuño, tivemos unha celebración no Museo do Pobo Galego na que se nos ofreceu unha restrospectiva do traballo realizado polos ENDL ademais de coñecer a algunhas das persoas que puxeron os alicerces que fixeron posible a actual rede de ENDLs

Unha desas persoas é Agustín Fernández Paz, escritor dunha morea de libros (seguro que xa lestes algún) e traballador incansable pola dignificación da lingua. Ademais é un home coherente e honrado, que recentemente rexeitou o Premio Cultura Galega das Letras porque, manifestou, considera que os mesmos que agreden a nosa cultura convocaron este premio co que se “finxe exaltar [esa mesma cultura] con protocolario boato”.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en lingua galega, Para os pais e as nais. Ligazón permanente.

One Response to 1991-2011: vinte anos dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

  1. m.p.j. 5 5º di:

    Noraboa xa que son 20 anos e 20 anos dan para concienciar a moita xente

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s