Andan na boca da xente (X-Secundaria)


Palabra solta non ten volta, ata onde nosoutros entendemos, quere dicir que cando un bota a lingua a pacer, xa non pode desdicirse, é responsable daquilo que saíu pola súa boca e das súas consecuencias. Aplicado ó contexto da política quizais tamén podería entenderse como a obriga de cumprir co prometido.

A seguinte frase, e xa estamos chegando ó remate, é:

por onde vai a ola que vaia a tapadeira

Veña, bulide, preguntade ós máis sabios do lugar: pais, avós, veciños, … alguén ten que coñecela!

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Andan na boca da xente, Andan: Secundaria. Ligazón permanente.

9 Responses to Andan na boca da xente (X-Secundaria)

  1. MPS.23 3ºa di:

    Quere dicir que cando alguen coñecido fai algo, todo os demáis fan o mesmo, o seguen.

  2. MAC (Nº3, 3ºA) di:

    Supoño que fai referencia a algo inseparable, que está unido por un vencello moi forte.

    Atopei unha frase semellante: “Cada ola atopa a súa tapadeira” que ven sendo que dúas persoas, por moi difícil que resulte a súa unión (en matrimonio, por exemplo) acaban xuntas.

  3. M.G.R. di:

    Esta expresión díselle as persoas que andan detrás doutras e significa : “por onde vai unha,vai a outra”

  4. C.M.J. Nº19 3ºB E.S.O di:

    Hai obxectos ou temas que constan de dous ou mais elementos que se complemetan e que por tanto son precisos todo s para que cumpran a sua verdadeira función ou teñan un significado completo.

  5. MLD N 14 3C E.S.O. di:

    O que leve o bo que tamen leve o malo

  6. BCB, N*6, 3esoA di:

    A ola é un tipo de recipiente redondo que se usa para cociñar, e a tapadeira a parte superior para pechala. Ámbalas dúas palabras xuntas nesta expresión relacíonanse co feito de que eses dous elementos nunca poden estar separados, polo tanto, a expresión refírese a que dúas cousas que se precisan reciprocamente non poden ir por camiños distintos. As cousas que se precisan entre si, necesariamente, teñen que ir xuntas.

  7. F.R.R. 3ºB E.S.O Nº23 di:

    O que nos quere dicir, é que, as duas cousas son necesarias para poder facer unha función.
    (Neste caso, para poder cociñar)

  8. AMC11 3ºB ESO di:

    O REFRÁN di a importancia de estar unidos á hora de facer as cousas,ben feitas. A OLA e a TAPADEIRA deben ir xuntas, para o que se fai dentro(comida),teña un sabor rico.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s