Andan na boca da xente (VIII-Secundaria)


Pero que feito é!

Pero que feito é!

O de ser feito/a é algo que semella temos claro: vale para a beleza exterior (que bonitiño/a) ou para a interior (que xeitoso/a, curriño/a, riquiño/a). Diriamos máis: expresamos así como a beleza interior que percibimos nunha persoa fai que, inevitablemente, tendamos a vela tamén fermosa no seu aspecto físico, a non repararmos no que outros poderían considerar defectos; un sentirse arroubado ou un xeito de mininamoramento (no sentido amplo do termo) que poden profesar os pais e avós ós fillos, ou que se dá entre amigos, profesor-alumno, 😉 etc.

Aí vai logo outra expresión que nos manda Manuel de 3ºA:

Andar a moer pra fóra

Que quere dicir? Ata o vindeiro domingo!


Advertisements
Esta entrada foi publicada en Andan na boca da xente, Andan: Secundaria. Ligazón permanente.

7 Responses to Andan na boca da xente (VIII-Secundaria)

  1. MPS.23 3ºa di:

    Significa estar a traballar para outras persoas, non pra un mesmo.

  2. MAC (Nº3, 3ºA) di:

    “Andar a moer pra fóra” ven sendo que unha persoa comprometida lle faga ás beiras a unha muller (xeralmente somos os homes os que facemos estas cousas) ou lle sexan infieis a súa parella.

  3. MLD Nº14 3ºC E.S.O. di:

    Traballar sen que ninguén cho teña en conta

  4. BCB, N*6, 3esoA di:

    A expresión está recollida de cando se realizaba o traballo no muíño, e tenta expresar que alguén realiza un traballo para outras persoas sen obter beneficio propio.

  5. M.G.R. Nº13 3ºb di:

    Esta expresión significa que alguien lle é infiel á súa parella,que lle pon os cornos.

  6. P.G.R Nº16 3ºA di:

    Andar a moer pra fóra , quere dicir que alguén lle é infiel á parella.

  7. ERP Nº25 3ºESO A di:

    Cando unha muller é infiel a súa parella, e liga con outros.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s