Andan na boca da xente (VII-Secundaria)


Polo que se ve, si que coñecedes esta expresión. Xa que logo, por que non substituídes o desgastado “no te ghode!” que algúns/has empregades para todo por este Madia leva! É noso e bastante máis elegante!! 😉

Para verdes unha explicación sobre o que significa podedes ver algunha das contestacións dos comentarios ou tamén entrar en:

Madia leva!

E xa para continuarmos, pois Rosa parece que se anima a seguir, contádenos que significa e cando é ben empregar a seguinte expresión, que non hai tanto era de uso continuado e que cada vez se ve máis substuída por fórmulas importadas:

Que feito/a é !

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Andan na boca da xente, Andan: Secundaria. Ligazón permanente.

10 Responses to Andan na boca da xente (VII-Secundaria)

  1. MAC (Nº3, 3ºA ESO) di:

    “Que feito/a é!” equivale a dicir “que riquiño” ou “que bonito”. Deste xeito o significado que posúe esta frase é o de que algo é moi fermoso, é dicir, que está ben feito.

  2. ERP Nº25 3ºESO A di:

    Utilízase para expresar tenrura hacia unha persoa. Emprégase cando queremos definir a alguén como simpático, guapo, agradable…

  3. C.M.J. 3BºE.S.O Nº19 di:

    Cando dis que unha persona, é moi feita, estás a dicir, que é moi riquiña, guapa, boa..

  4. F.R.R 3ºB E.S.O Nº23 di:

    Que feita é quere dicir: que é moi guapa.

  5. A.T.F - Nº27 3 ESO A di:

    Quere decir que é guapo .

  6. P.G.R. Nº15 3ºA di:

    ““Que feito/a é!” equivale a dicir “que riquiño” ou “que bonito”. O significado que ten esta frase é o de que algo é moi fermoso, que está ben feito.

  7. C.A.P. Nº1 3ºB ESO. di:

    Que feito/a é ! emprégase para dicir que é moi guapo/a.

  8. MLD Nº14 3ºC E.S.O. di:

    O que quere dicir este refrán é que unha persoa, xeralmente un nen@, é bo,amabel;tamén se pode usar para dicir que un bebé é guapo.

  9. MGR (13, 3ºB) di:

    Significa que alguén é moi riquiño ou bonito; que é agradable á vista.

  10. BCB, N*6, 3esoA di:

    Trátase dunha expresión de agarimo dirixida, esencialmente, aos rapaces e ás rapazas pequenos, aínda que tamén é posible usala con adultos. A admiración final da frase, resalta esa expresión de familiaridade e proximidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s