Andan na boca da xente (VI-Secundaria)


Víches o lobo é algo que se lle di a alguén:

  1. Que leva os pelos de punta ou ben,
  2. que che parece que mente ou que esaxera. Vén sendo: “iso non che é verdade”/”non esaxeres!” aínda que, por extensión, pódese entender como “toleaches”? Porque a esaxeración é tal que semella que perdeches a cabeza. Algunha das vosas respostas explícao moi ben.

A seguinte expresión estaría moi ben que a engadisemos ó noso vocabulario cotián. De momento non contamos máis, aí vos queda, a ver se sabedes o que significa:

Madia leva!

Tendes ata o vindeiro domingo, ás 12:00 h do mediodía. Lembrádevos de responder (e non de respostar que, como xa explicamos na entrada de primaria, significa responder airadamente e aquí queremos alumnado ben educadiño!)

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Andan na boca da xente, Andan: Secundaria. Ligazón permanente.

8 Responses to Andan na boca da xente (VI-Secundaria)

  1. C.A.P. Nº1 3ºB ESO. di:

    Madía leva! significa que non ten duda ou sexa ,que ten moita sorte.

  2. MAC (Nº3, 3ºA) di:

    Esa expresión ten o significado de “Xa o creo”, “ten boa sorte”, “home claro”; aínda que tamén se emprega en contextos de sorpresa como “mi madriña!”.

  3. ERP Nº25 3ºESO A di:

    Esta frase utilízase en contextos no que se queira expresar sorpresa; funcionando de xeito equivalente a: mi madriña! vaites vaites!

  4. MPS.23 3ºa di:

    É frecuente ultilizar esta expresión co significado de “asi calquera”, “xa o creo”.Tamén se ultiliza en contextos onde se quere expresar sorpresa.

  5. M.G.R. Nº13 3ºB di:

    Expresión que se lle di a unha persoa cando esta contenta por unha causa xustificada ou esta agradecida.

  6. MLD Nº14 3ºC E.S.O. di:

    Quere dicir ,así calquera!,que ten moita sorte

  7. BCB, N*6, 3esoA di:

    Esta interxección está feita sobre a frase ” mal día ” e utilízase en formas do tipo ” Madia leva! “, ” Madía leva! ” e “Madia ten! “, co significado de ” así calquera! ” ou ” home claro!”.

    – ” El quérete moito ”
    – ” Madia leva! Dáslle canto che pide! “

  8. CSP Nº24 2ºB di:

    A expresión ¡madia leva! significa: ¡así calquera!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s