Andan na boca da xente (IV Secundaria)


Ben, ben, parece que o de andar nas verzas non vos resulta alleo. Nos comentarios poñedes outras expresións alternativas coma andar nas patacas ou nas nubes, na horta, en Babia, etc; curiosamente coido que ninguén dixo andar na lúa e si, en cambio, en Marte, que non sei se se pode dar por asumido pola poboación 🙂

Outras expresións que temos de noso e que debemos empregar para mantelas vivas son :

Andar/asubiarlle aos biosbardos

Estar/pensar nos biosbardos

Ollar para os biosbardos
Busca, busca, a ver que son os biosbardos. Logo podedes comentalo na clase.

O que si que non parece galego é iso que repetides varios de andar nos laureles, que para comezar serían loureiros; temos todos que facer un esforzo por non mesturar linguas, aínda que cando estas conviven é cousa complicada. Pero lembrade o que aprendemos da morte por asimilación na Xornada da Ciencia!

Ale, vale xa de tanta leria. Aí vai a seguinte frase para esta semana:

Estar entre o martelo e a bigornia

Explicádenos o que significa e máis que é a bigornia.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Andan na boca da xente, Andan: Secundaria. Ligazón permanente.

11 Responses to Andan na boca da xente (IV Secundaria)

  1. MAC (Nº3, 3ºA) di:

    A Bigornia e o Estribo, xunto co Martelo, son os tres pequenos ósos que se atopan no interior do Pavillón da Orella, formando parte do oído.

    Supoño que “estar entre o martelo e a bigornia” quererá dicir estar nunha situación comprometida e difícil. Algo similar a “estar entre a espada e a parede”.

  2. C.M.M.J Nº19 3BE.S.O di:

    Ter que decidir entre dúas cousas.
    Bigornia ten dous significados:
    1-Peza de ferro ou aceiro alongada e cos extremos aguzados, sobre a que se machucan as solas dos zapatos, metais…
    2- Pequeno óso do oído medio que ten a forma dunha bigornia.

  3. F.R.R Nº23 3B E.S.O di:

    Ten que elixir entre dúas cousas moi importantes ou que lle gustan.
    A bigornia é unha peza de ferro ou aceiro alongada e cos extremos aguzados, sobre a que se machucan as solas dos zapatos, metais, etc

  4. MPS.23 3ºa di:

    Significa estar entre a espada e a parede. Ter que tomar unha decisión á forza, aínda que on che guste. Non ter opción.
    A bigornia é un instrumento de ferro sobre o que se machacan as ferraduras

  5. mld Nº14 3ºC E.S.O. di:

    Significa:estar agoniado por varias cousas ó mesmo tempo.
    Bigornia :1. Peza de ferro ou aceiro alongada e cos extremos aguzados, sobre a que se machucan as solas dos zapatos, metais, etc. 2.Pequeno óso do oído medio.

  6. PGR (16) (3A) di:

    quere dicir que esta entre duas cousas , que non se decide . A bigornia é un oso que está en contacto por un lado con tímpano e , e por outro , co oído interno.

  7. BCB, N*6, 3esoA di:

    Unha persona que vive unha difícil situación ou vive sometida a unha disciplina moi dura. Aquela que é golpeada na engra polas demais persoas.

  8. LFG.Nº8.3ºB E.S.O. di:

    Significa non saber que facer . A bigornia é un pequeno óso do oído medio que ten a forma dunha bigornia.

  9. MGR.Nº13.3ºB E.S.O. di:

    Creo que ten o significado de estar indeciso . A bigornia é un óso do oído medio .

  10. S.V.N., nº 29, 3ºC E.S.O. di:

    o significado desta frasee que hai que tomar unha decisión, pero estás obrigada a facelo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s