Andan na boca da xente (II-secundaria)


Con algo de retraso, pois por problemas varios desde que comezamos hai 20 días non volvemos sacar expresión ningunha para vós os de secundaria, vai por fin a continuación:

Que se está a dicir de alguén cando se comenta del/dela: “prende en todas as silvas”?

Por certo, que é unha silva?

Redactade unha resposta ben curriña (que non é o mesmo ca currada 🙂 ).

Lembrade que non podedes poñer máis datos persoais como nome ca: iniciais do nome e dos apelidos, número e clase. Tendes ata o 6 de marzo para contestar.

Ah! Que xa nos esquecía! A resposta á primeira parte do concurso é:

QRT M8888888888 ! = Quérote moitooooooooooo !

Se sabedes dalgunha outra expresión en galego útil para os nosos SMS, podedes seguilas mandando.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Andan na boca da xente, Andan: Secundaria. Ligazón permanente.

31 Responses to Andan na boca da xente (II-secundaria)

  1. PGM (modificado polo moderador) di:

    Unha silva é unha planta silvestre con espiñas que soe estar nos arrós ou nos balados e que da un froito chamado mora

  2. (Nº:3; 3º A) di:

    Quere dicir que é un chaqueteiro que anda coa xente por conveniencia? Unha silva, ou silveira, é unha planta que produce as amoras.

  3. Nº24 3ºA da ESO di:

    Que está pendente de todo.

  4. PGR (16) (3A) di:

    Sempre anda metido en leas . Unha silva é una planta de talos con espiñas , que da como froito a amora.

  5. C.M.M.J Nº19 3B E.S.O di:

    Unha silva é un arbusto silvestre moi espiñoso que dá amoras e adoita nacer nas beiras dos camiños e en terreos abandonados.
    E “prender en todas as silvas quere dicir, por exemplo, cando vas pola calle e enredas con todo o mundo, poste a falar con todo o mundo.

  6. F.R.R Nº23 3B E.S.O di:

    Silva é unha pranta con espiñas que da as moras
    Prender en todas as silvas é cando unha persoa para, para falar con toda a xente.

  7. C.M.M.J. di:

    A Silva é un arbusto silvestre moi espiñoso que dá amoras e adoita nacer nas beiras dos camiños e en terreos abandonados.
    Prender en todas as silvas quere dicir, por exemplo, estas sempre a enredar con todo o mundo cando vas pola rúa…

  8. C.M.M.J. Nº19 3B E.S.O di:

    A Silva é un arbusto silvestre moi espiñoso que dá amoras e adoita nacer nas beiras dos camiños e en terreos abandonados.
    Prender en todas as silvas quere dicir, por exemplo, estas sempre a enredar con todo o mundo cando vas pola rúa…

  9. JOA nº 23 3º E.S.O. A di:

    Quere dicir que ” o fai a todo o mundo, con facilidade”

  10. M.D.A Nº6 3ºB di:

    Que para con todo o que atopa

  11. LFG.Nº8.3ºB E.S.O. di:

    Eu creo que cando se di de alguén que ” prende en todas as silvas ” quere dicir que está en todos os sitios , que se mete en todo , que non se salva dunha . E en canto á resposta de qué é unha silva , creo que é unha planta silvestre que dá amoras e adoita nacer nas beiras dos camiños e en terreos abandonados e que ten unha especie de ” espiñas ” que rabuñan 🙂

  12. mgf n13 3ºa di:

    que anda en todas as leas
    silva:planta silvestre propia do monte con abundantes espiñas

  13. IGR N15 3ESOA di:

    Silva: é unha planta silvestre que da moras.
    “Prende en todas as silvas´´ quere dicir que unha persoa non se decide (É unha persoa que cada día vai con xente distinta e non se aclara.)

  14. C.A.L N4 3ESOA di:

    O refrán quere dicir: que unha persoa non se decide a facer algo e non é capaz de tomar decisións.
    Silva: planta que nace nos arrabaldes e da un froito chamado mora. Esta planta posúe espiñas.

  15. MPS.23 3ºa di:

    Segundo o contexto pode significar que se metes en todos os problemas ou que se enreda con calquera cousa, non da acabado.
    Unha silva é unha planta silvestre moi espiñosa que medra nas beiras dos camiños

  16. MPS.23 3ºa di:

    Segundo o contexto pode significar que alguén metese en todosos problemas ou que se enreda con calquera cousa e non da rematado.
    Unha silva é unha planta silvestre moi espiñosa que crece nas beiras dos camiños

  17. C.A.P. Nº1 3ºB ESO. di:

    Cando din de alguén que prende en todas as silvas queren dicir que por exemplo cando lle din que vaia a un recado enrreda con toda a xente que atopa no camiño e chega tarde.

    Silva : pranta silvestre que medra no monte e da froitos (moras)

  18. M.G.R. Nº13 3ºb di:

    “Prende en todas as silvas” quere dicir,que se mete en todas as liortas.
    Unha silva é un pranta de talo espiñoso que dá como froito a amora.

  19. BCB, N*6, 3esoA di:

    Unha silva é un arbusto con espiñas que dá as amoras.

    A expresión ” prender en todas as silvas ” aplícase ás persoas que enredan e perden o tempo.

  20. PHV nº17 3ºESO A di:

    “prende en todas as silvas” quere dicir que vai parando moitas veces ao longo do camiño antes de chegar ó seu destino.
    Unha silva é unha planta con espiñas é dá un froito chamado mora

  21. ERP Nº25 3ºESO A di:

    Prende de todas as silvas: Dícese da persoa que se enreda falando con toda a xente que atopa.
    Unha silva en un arbusto de talos longos, delgados e espiñentos, follas pequenas e redondas, e que dá como froito, a mora.

  22. LHF-14-3ºB di:

    O refrán quere dicir que se mete en todos os problemas.

  23. E.G.V di:

    Cando alguén comenta, por exemplo, ‘ese rapaz prende en todas as silvas’ eu creo que se refire a que esa persona é moi impulsiva e tómase as cousas moi enserio, por iso, á mínima de cambio, exáltase.

    E que é unha silva? Pois unha silva é coma unha especie de planta silvestre propia dos montes galegos con espiñas que, nun principio, pode confundirse cun rosal pero sen flor. A comezos do verán, soe dar un froito chamado mora.

  24. unha silva e unha pranta silvestre con espiñas que soe estar nos arros balados e que da un froito chamado mora

  25. MOS Nº21 3ºA di:

    “PRENDE EN TODAS AS SILVAS”
    Eu creo que significa que é unha persoa un pouco torpe que atopa dificultades en todas as cousas que fai. Pois unha silva é un arbusto con espiñas co que tes que ter coidado de non engancharte.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s