Andan da boca da xente (II-Primaria)


Moi ben!!

Moi ben pola participación e moi ben ós e ás que acertastes que a resposta era… O LIBRO!!

Ben, pois velaí vai a segunda adiviña para esta semana:

Nacín na auga
na auga me criei
se me pos na auga
na auga morrerei.

Ale, respondendo xa, que é ben doado. E se non sabedes… a pensar, cavilar, matinar (os dous últimos son verbos que significan “darlle voltas ás cousas”, bonitos, eh?) e a pedir axuda na casa..

Unha cousa importante: como xa sabedes, é imprescindible que respondades poñendo como nome as iniciais, curso e número de clase. E máis nada! Non podemos dedicarnos a amañar comentario por comentario para que non deixedes datos persoais, así que se poñedes algo distinto o voso comentario non se vai admitir. Que queredes, os máis vellos ás veces, con iso de querer protexer a infancia, facemos leis que nos complican o labor educativo unha barbaridade.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Andan na boca da xente, Andan: Primaria. Ligazón permanente.

14 Responses to Andan da boca da xente (II-Primaria)

  1. m. p . j quinto c numero 5 di:

    eu creo que e a ra

  2. nº7 curso 5ºc di:

    resposta:o xeo

  3. P.F.F Nº18 5ºA di:

    A resposta é o xeo.

  4. l p f 5c n1 di:

    a resposta correcta e o sal

  5. m. p . j quinto c numero 5 di:

    eu creo que é a rá
    escribino mal e per iso o volvin a respostar

  6. SVD-5ºC-nº25 di:

    Solución:A rá.

  7. J. B. G. 5ºA nº 7 di:

    A resposta é o xeo

  8. endlciastgo di:

    As contestacións que chegaron a partir da mediodía do domingo non aparecen por non seren válidas (xa estaban á vista as respostas dos compañeiros)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s