Andan na boca da xente: COMEZAMOS, rapazada de Primaria!!!


Ola xentiña!

Benvidos a esta nova actividade do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG). Como xa vos contarían, cada semana imos ir colgando neste blog unha adiviña que vós, que sabemos que sodes ben espilidos, axiña ides saber o que agacha.

Velaquí tendes a primeira:

ADIVIÑA
Alto ou baixo
deitado ou de pé
sempre está calado
e non hai quen
fale mellor ca el.

 

Veña, ánimo, a preguntar, a pensar, a buscar e a pedir axuda na casa! Cando deades coa resposta podedes premer abaixo, onde pon deixar un comentario, e darnos a vosa resposta. Non esquezades poñer o voso nome, apelidos e curso así coma o voso enderezo de correo electrónico (ou dalguén máis vello ca vós da vosa casa, co seu permiso, claro está).
Advertisements
Esta entrada foi publicada en Andan na boca da xente, Andan: Primaria, lingua galega. Ligazón permanente.

23 Responses to Andan na boca da xente: COMEZAMOS, rapazada de Primaria!!!

  1. C M M di:

    eu penso que é o libro, porque da igual como o teñas posto

  2. Carmen M.M. di:

    eu penso que é o libro porque da igual como o teñas posto que nunca di nada pero en realidade o pode dicir todo……

  3. Ivan S.S 5-C di:

    A resposta é o diccionario

  4. L G O di:

    A resposta é:o libro

  5. M. L. M. 5ºB di:

    Creo que a resposta é: O DICCIONARIO, Saúdos.

  6. A A F di:

    A resposta é micrófono.

  7. C A M di:

    Ola, son do curso 5ºB de primaria.
    A resposta que a min me parece acertada é……” O LIBRO”.
    Un saúdo e ata próxima.

  8. C M R 5ºB E.P di:

    É o libro.

  9. numero 7 curso 5c di:

    a resposta é o dicionario

  10. h i g di:

    O libro
    Son de 5ºB nº09

  11. Diego C L di:

    Creo que é un altavoz por que pode estar deitado ou de pé e sempre está calado por que os altavoces non falan, so cando se acenden.

  12. m. p . j di:

    eu creo que e:
    o diccionario.
    bueno a ver se Hai sorte

  13. P.F.F di:

    Eu penso que a resposta da adiviña e o diccionario.

  14. N S P 5º C di:

    A resposta á adiviña creo que é: o dicionario

  15. CGG 5º B di:

    resposta :O libro

  16. P.F.F n 18 5 a di:

    Eu penso que a resposta e o vengo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s