Comparte connosco a túa felicitación de Nadal


Ola rapazada.

A CGENDL convídanos a participar nunha actividade moi bonita: trátase de que deseñedes as vosas propias felicitacións e que logo as compartades para que todos poidamos agasallar á xente que queremos con elas e desexarlles, mediante a vosa arte, un Bo Nadal.

Se queres participar entrega o teu debuxo ao teu titor ou titora indicándolle que é para o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Para vermos as postais compartidas, escollermos unha e enviarlla a alguén

Por outra banda, animámosvos a que procuredes na biblioteca (ou na librería) este conto tan xeitoso sobre o apalpador, unha das tradicións galegas máis bonitas do Nadal. Premendo na imaxe podedes descargalo en versión pdf.

E por último, velaquí unha ligazón a unha páxina na que podedes procurar cos vosos pais información sobre unha morea de temas relacionados co Nadal galego: Podedes atopar cartas ó Apalpador, cartas ós Reis Magos, cancións, obras de teatro, refráns e 5.000 cousas máis.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en lingua galega. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s